Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro responsabilidade da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar os diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades desta Consellería.

Os datos que se lle solicitan resultan necesarios para xestionar a súa solicitude, de xeito que de non facilitalos non será posible a súa inscrición. Neste sentido, vostede consinte expresamente a recollida e tratamento dos datos para incorporalos ao Rexistro de plans de autoprotección da comunidade autónoma.

Do mesmo xeito, informámoslle que os datos que nos facilite poderán ser cedidos ás entidades previstas no Decreto 171/2010 sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia, exclusivamente para as finalidades ás que se refire o Decreto nos seus artigos 5ª (servizos de emerxencias) e 6ª (inspección e control).

Poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude dirixida ao Responsable de Ficheiro, no enderezo Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, achegando copia do seu DNI, ou no correo electrónico regape.proteccioncivil.pr@xunta.es

Pregámoslle que no suposto de que se produza algunha modificación nos seus datos de carácter persoal no lo comunique co fin de mantelos actualizados en todo momento.

Xestion de Riscos e Actividades